RECUNCHOS DE REDONDELA

NOTA: Se queres escoitar a música desta presentación que fixen (recomendado), fai clic na icona do volume situada na parte superior esquerda.

26 dic 2009

O GASTROBLOG FOI O MELLOR BLOG DE REBLOGDELA 09

Este blog acadou a victoria na II edición de Reblogdela, que é un concurso organizado pola Asociación de Empresarios de Redondela, coa colaboración da Concellería de Normalización Linguística e o Servizo de Normalización Linguística, no que os participantes teñen que seguir unha serie de normas básicas como publicar informacións sobre o tema elexido (este ano foi "A nosa gastronomía") e escribir en lingua galega.
Podedes ler os articulos de como foi a entrega de premios na páxina da Asociación de Empresarios de Redondela, e na de Normalización Linguística, facendo clic nos seus respectivos nomes.
Agora xa rematado o concurso, seguirei co blog, así que me gustaría que o seguísedes de vez en cando, e se queredes podedesvos facer seguidores do blog.

8 dic 2009

CHOCOS CON ARROZ















Hoxe vouvos contar o xeito de facer un prato típico de Redondela: os chocos con arroz.
Primeiro temos que xuntar os ingredientes:
- Un quilo de chocos.
- Dúas cebolas ben
picadas.
- Dous dentes de allo ben picados.
- Medio pemento vermello picado.
- Aceite de oliva virxe extra.
- Sal.
- Un vaso de bo viño branco (mellor se é galego).

Preparación: Nunha tarteira poñemos o aceite a quentar e, dalí a un pouco botamos o allo, a cebola e o pemento ben picados para facer un bo rostrido. Engadimos os chocos que previamente limpamos e troceamos tendo coidado de non romper as bolsas coa tinta situada entre os tentáculos e o corpo. Dámoslles unhas voltas ata que queden dourados e engadimos o viño branco e un pouco de sal segundo o gusto de cada un. Tápase a tarteira e déixanse cocer, como mínimo, unha hora aproximadamente. Quedan moi ben acompañados de arroz en branco.


Como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, podedes ver neste vídeo que fixen o proceso de preparación deste exquisito prato redondelán.

FESTA DA ORELLA DE CEDEIRA 2009


O pasado día 6 de decembro celebrouse en Cedeira a tradicional Festa da Orella, que neste ano cumpre a súa XV edición. Alí estiven para facer estes dous vídeos. O primeiro é unha pequena reportaxe sobre a XV Festa da Orella (2009) e o segundo é unha entrevista ó presidente da comisión da festa da orella de Cedeira, Don José Iglesias Viqueira. Dito vídeo, inclúe o xeito de preparar a orella, segundo o presidente.

7 dic 2009

OS MUÍÑOS DE REDONDELA

En Redondela, como en moitos outros lugares, existen muíños desde o século XVII. Na actualidade coñécense setenta e seis muíños no noso concello, oito dos cales aínda funcionan.
A parroquia de Reboreda é a que conta con máis muíños, dezanove.
Varios dos mesmos están adicados á locais de tapeo e hostelería. O seu contorno é moi bonito posto que están rodeados de vexetación de ribeira e do río Alvedosa. Paga a pena coñecelos.

RESTAURANTE TAPERÍA VILAROSA




Situado na parroquia de Cedeira, conta cunhas boas vistas sobre a ría.
A súa especialidade son os peixes, as carnes, os arroces e os viños.
Ten tres salóns que se poden adaptar a celebracións, comidas de empresa ou ceas íntimas. A terraza axardinada é un dos luxos deste restaurante.

O seu enderezo é Camiño A Viacova, 10, en Cedeira. O seu teléfono: 986 404 272

Para máis información podedes facer clic aquí, e se o queredes ver por satélite faino aquí embaixo.


Visualizar o mapa ampliado

PAZO DE TORRES AGRELO

O Pazo de Torres Agrelo atópase situado na parroquia de Reboreda, concretamente en Asnelle de Abaixo, 130. O seu teléfono e o 986 408 021.

Está situado nun lugar elevado, con fermosas vistas de Redondela e da ría de Vigo.
O edificio é de 1750 (nin sequera é da nosa idade, a contemporánea, é da Idade Moderna) e está rodeado dunha zona verde de máis de 80.000 metros cadrados. Foi convento de franciscanos, hospital militar e refuxio na Guerra Civil.

Ten nove habitacións amobladas con mobles e obxectos antigos.

No pazo pódense facer vodas e outras celebracións.

Se queredes podedes visitar a súa web, e se queredes podes velo aquí embaixo por satélite.


Visualizar o mapa ampliado

O MIGAS



O Migas está situado en plena zona histórica de Redondela (C/ Isidoro Queimaliños, 41) , á beira da Casa da Torre. A súa decoración é rústica e é un bo sitio para comer ou tapear.
A súa especialidade é preparar o bacallau en distintas variedades. O seu
Teléfono é o 986 404 753.
Consultade aquí embaixo a súa posición por satélite: