RECUNCHOS DE REDONDELA

NOTA: Se queres escoitar a música desta presentación que fixen (recomendado), fai clic na icona do volume situada na parte superior esquerda.

27 nov 2009

A FESTA DO CHOCO


-Como xa sabedes o choco é un molusco cefalópodo de corpo ovalado e groso, cuncha cuncha calcareia interna e bolsa de tinta coa que escurece a auga en situacións de perigo, como o polvo e a lura.
-Cando se celebra a festa? O primeiro ou segundo fin de semana de maio.
-Onde se celebra a festa? En Redondela.
-Información: A festa do choco é indiscutiblemente a máis importante de Redondela, que este ano xa vai pola súa XXIII edición. Con motivo deste popular festa, o municipio redondelán, ofrece ós seus visitantes un amplio programa de actividades festivo-culturais, dende cousas máis para adultos ou adultas como a banda de música, ata as atraccións para os pequenos e as pequenas.
Hai un concurso, no cal se valoraran catro apartados:
-Empanada de chocos.
-Chocos na súa tinta.
-Chocos con arroz.
-A mellor receita creativa.
Hoxe en día, acéptanse calqueira tipo de suxerencias: tradicionais, vanguardistas...
E agora que xa sabedes información da festa do choco, mirade este vídeo da edición XXIII deste ano, o 2009:

A FESTA DA ORELLA


-Esta festa adicase á orella do porco.
-Cando se celebra a festa? O primeiro domingo de decembro.
-Onde se celebra a festa? Na parroquia de Cedeira.
-Información: Na festa da orella, faise unha degustación de varios pratos feitos con ese producto, elaborado de xeito tradicional: orella, aceite e pimentón picante...
O prezo da comida inclúe prato, taza, cubertos, pan e viño, e podese repetir as veces que se queira.
O programa de festas inclúe grupos de música tradicional e coma pregoeiro a un persoaxe popular.
A primeira edición foi no 1994.

A FESTA DO MEXILLÓN

-Xa sabedes que o mexillón é un molusco bivalvo comestible, de cuncha entre azul escura e negra, e que se cría normalmente nas bateas.
-Cando se celebra a festa? O primeiro ou segundo fin de semana de setembro.
-Onde se celebra a festa? Na parroquia de Chapela.
-Información: Tódolos anos a festa do mexillón é organizada pola parroquia de Chapela.

A FESTA DA MAZÁ


-Cando se celebra a festa? O primeiro domingo de outubro.
-Onde se celebra a festa? Na parroquia de San Esteban de Negros.
-Información: A festa da mazá ten como anfitriona unha froita que permite a elaboración de diversos pratos salados, fríos ou doces como son o bacalao con mazá, chourizos á sidra, xamón con mazá. Ademais, durante a xornada hai un concurso de postres realizados con mazás, e actividades lúdicas e musicais.