RECUNCHOS DE REDONDELA

NOTA: Se queres escoitar a música desta presentación que fixen (recomendado), fai clic na icona do volume situada na parte superior esquerda.

27 nov 2009

A FESTA DO CHOCO


-Como xa sabedes o choco é un molusco cefalópodo de corpo ovalado e groso, cuncha cuncha calcareia interna e bolsa de tinta coa que escurece a auga en situacións de perigo, como o polvo e a lura.
-Cando se celebra a festa? O primeiro ou segundo fin de semana de maio.
-Onde se celebra a festa? En Redondela.
-Información: A festa do choco é indiscutiblemente a máis importante de Redondela, que este ano xa vai pola súa XXIII edición. Con motivo deste popular festa, o municipio redondelán, ofrece ós seus visitantes un amplio programa de actividades festivo-culturais, dende cousas máis para adultos ou adultas como a banda de música, ata as atraccións para os pequenos e as pequenas.
Hai un concurso, no cal se valoraran catro apartados:
-Empanada de chocos.
-Chocos na súa tinta.
-Chocos con arroz.
-A mellor receita creativa.
Hoxe en día, acéptanse calqueira tipo de suxerencias: tradicionais, vanguardistas...
E agora que xa sabedes información da festa do choco, mirade este vídeo da edición XXIII deste ano, o 2009:

No hay comentarios:

Publicar un comentario