RECUNCHOS DE REDONDELA

NOTA: Se queres escoitar a música desta presentación que fixen (recomendado), fai clic na icona do volume situada na parte superior esquerda.

26 dic 2009

O GASTROBLOG FOI O MELLOR BLOG DE REBLOGDELA 09

Este blog acadou a victoria na II edición de Reblogdela, que é un concurso organizado pola Asociación de Empresarios de Redondela, coa colaboración da Concellería de Normalización Linguística e o Servizo de Normalización Linguística, no que os participantes teñen que seguir unha serie de normas básicas como publicar informacións sobre o tema elexido (este ano foi "A nosa gastronomía") e escribir en lingua galega.
Podedes ler os articulos de como foi a entrega de premios na páxina da Asociación de Empresarios de Redondela, e na de Normalización Linguística, facendo clic nos seus respectivos nomes.
Agora xa rematado o concurso, seguirei co blog, así que me gustaría que o seguísedes de vez en cando, e se queredes podedesvos facer seguidores do blog.

8 dic 2009

CHOCOS CON ARROZ















Hoxe vouvos contar o xeito de facer un prato típico de Redondela: os chocos con arroz.
Primeiro temos que xuntar os ingredientes:
- Un quilo de chocos.
- Dúas cebolas ben
picadas.
- Dous dentes de allo ben picados.
- Medio pemento vermello picado.
- Aceite de oliva virxe extra.
- Sal.
- Un vaso de bo viño branco (mellor se é galego).

Preparación: Nunha tarteira poñemos o aceite a quentar e, dalí a un pouco botamos o allo, a cebola e o pemento ben picados para facer un bo rostrido. Engadimos os chocos que previamente limpamos e troceamos tendo coidado de non romper as bolsas coa tinta situada entre os tentáculos e o corpo. Dámoslles unhas voltas ata que queden dourados e engadimos o viño branco e un pouco de sal segundo o gusto de cada un. Tápase a tarteira e déixanse cocer, como mínimo, unha hora aproximadamente. Quedan moi ben acompañados de arroz en branco.


Como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, podedes ver neste vídeo que fixen o proceso de preparación deste exquisito prato redondelán.

FESTA DA ORELLA DE CEDEIRA 2009


O pasado día 6 de decembro celebrouse en Cedeira a tradicional Festa da Orella, que neste ano cumpre a súa XV edición. Alí estiven para facer estes dous vídeos. O primeiro é unha pequena reportaxe sobre a XV Festa da Orella (2009) e o segundo é unha entrevista ó presidente da comisión da festa da orella de Cedeira, Don José Iglesias Viqueira. Dito vídeo, inclúe o xeito de preparar a orella, segundo o presidente.

7 dic 2009

OS MUÍÑOS DE REDONDELA

En Redondela, como en moitos outros lugares, existen muíños desde o século XVII. Na actualidade coñécense setenta e seis muíños no noso concello, oito dos cales aínda funcionan.
A parroquia de Reboreda é a que conta con máis muíños, dezanove.
Varios dos mesmos están adicados á locais de tapeo e hostelería. O seu contorno é moi bonito posto que están rodeados de vexetación de ribeira e do río Alvedosa. Paga a pena coñecelos.

RESTAURANTE TAPERÍA VILAROSA




Situado na parroquia de Cedeira, conta cunhas boas vistas sobre a ría.
A súa especialidade son os peixes, as carnes, os arroces e os viños.
Ten tres salóns que se poden adaptar a celebracións, comidas de empresa ou ceas íntimas. A terraza axardinada é un dos luxos deste restaurante.

O seu enderezo é Camiño A Viacova, 10, en Cedeira. O seu teléfono: 986 404 272

Para máis información podedes facer clic aquí, e se o queredes ver por satélite faino aquí embaixo.


Visualizar o mapa ampliado

PAZO DE TORRES AGRELO

O Pazo de Torres Agrelo atópase situado na parroquia de Reboreda, concretamente en Asnelle de Abaixo, 130. O seu teléfono e o 986 408 021.

Está situado nun lugar elevado, con fermosas vistas de Redondela e da ría de Vigo.
O edificio é de 1750 (nin sequera é da nosa idade, a contemporánea, é da Idade Moderna) e está rodeado dunha zona verde de máis de 80.000 metros cadrados. Foi convento de franciscanos, hospital militar e refuxio na Guerra Civil.

Ten nove habitacións amobladas con mobles e obxectos antigos.

No pazo pódense facer vodas e outras celebracións.

Se queredes podedes visitar a súa web, e se queredes podes velo aquí embaixo por satélite.


Visualizar o mapa ampliado

O MIGAS



O Migas está situado en plena zona histórica de Redondela (C/ Isidoro Queimaliños, 41) , á beira da Casa da Torre. A súa decoración é rústica e é un bo sitio para comer ou tapear.
A súa especialidade é preparar o bacallau en distintas variedades. O seu
Teléfono é o 986 404 753.
Consultade aquí embaixo a súa posición por satélite:

RESTAURANTE EL CANARIO CATERING



El Canario Catering é un restaurante situado na Avenida de Vigo, 194. (Chapela). O seu teléfono é o 986 450 003.
As súas especialidades principais son os mariscos e os peixes.


Conta cuns grandes salóns (máis de 350 metros cadrados) para vodas e banquetes.


Tamén é importante o seu servizo de cátering, que traballa con moitos centros escolares, residencias, empresas, hospitais, campings...
Máis información na súa web. Aproveitade para ver aquí como se vai en 3D!!, e se o queredes ver vía satélite, facede clic en "Visualizar o mapa ampliado".



Visualizar o mapa ampliado

EL ABUELO CHICO


El Abuelo Chico está ubicado no centro de Redondela, na rúa Pai Crespo nº 13. O seu teléfono é o 986 404 261.
O restaurante dividese en tres partes:
- Fumadores.
- Non fumadores e
- Un lugar onde tomar tapas, como poden ser pementos recheos, esparragos de Navarra con ventresca, choquiños na súa tinta...
A especialidade da casa son as pizzas, pero tamén ten unha boa selección culinaria, tapas...
O seu servizo ofrece comidas de empresa e celebracións especiais.

Na seguinte imaxe, podedes ver a súa situación:



CASA REY

Casa Rey é un restaurante situado na praia de Arealonga en Chapela, no paseo Dr. Jesús Durán Troncoso, 4. O seu teléfono é o 986450410. O restaurante ten vistas a Ría de Vigo, e a súa especialidade son os mariscos.
Aquí embaixo, podes ver o restaurante vía satélite e/ou en 3D!!! Ó lado tendes tamén o Restaurante Abra de Meu.

Visualizar o mapa ampliado


Visualizar o mapa ampliado

CASA PACO


Casa Paco é un restaurante que está na estrada que comunica Redondela con Vigo, máis concretamente está na Estrada de Vigo, 40. Dito restaurante posúe amplos salóns e amplo aparcamento. A súa especialidade é o choco, e o seu teléfono de contacto é o
986 401 101.

Se queredes podedes ver aquí como chegar e onde está:

Visualizar o mapa ampliado

CASA MUCHA



Casa Mucha atópase na Praza de Santiago, 2, xunto á fermosa Fonte de Santiago. O seu teléfono é 986 404 288.
A súa cociña e postres son caseiros, así como as súas tapas. Ten variedade de carnes e peixes.







Mirade aquí embaixo onde está e como chegar:

Visualizar o mapa ampliado

A CASA DA TRIGA


A Casa da Triga é un lugar cunha decoración rústica e moi acolledora (paredes de ladrillo e madeira, cheminea...), e situada a uns 50 metros do Muíño (lugar de tapas).

A carta componse de varias tapas como poden ser cogomelos, polvo, tortilla,
calamares e churrasco. Son especialistas en caza e comidas á grella. Recoméndanse os peixes da ría á brasa, sargo, lubina e bacalao

DATOS:
- A Casa da Triga encóntrase en Asnelle de Abaixo, 18, en Reboreda.
- O seu teléfono é o 986 404 235.

CASA CATALINA

Casa Catalina é unha ampla casa labrega de principios do século XX. Sitúase nun terreo de cultivo duns 5000 m2, delimitado por muros de pedra, nos que se encontran dous horreos.

A casa distribúese en tres plantas:
- Na planta baixa encontrase o restaurante rural, cunha exquisita cociña en productos da horta e animais de crianza propia. Tamén se encontra alí un salón con televisión, con espacio para ler e escoitar música.
- Na segunda planta hai 6 habitacións con acceso ó restaurante. Todas teñen un baño amplo e todas as comodidades.
- Na última planta viven os donos da casa e a súa familia.

DATOS:

- Casa catalina encótrase en
Saramagoso, 22. (O Viso).

- O seu teléfono é o 986 495 788




Aquí podedes ver onde está para que saibades como chegar:



Visualizar o mapa ampliado

6 dic 2009

LARPEIROS EN REDONDELA


A gastronomía está presente na televisión. Nesta primeira entrega falareivos dun exemplo destacado: "Larpeiros", o programa da Televisión de Galicia que se emite os xoves ás 22:00 h, e os sábados as 2:15 h da madrugada (aínda que penso que ninguén o verá a esas horas...). Dito programa é gravado no Pazo de Pousadouro en Redondela, e un dos seus protagonistas, Benigno Campos (o cociñeiro estrela), é de Chapela, no concello de Redondela. Esta é a sinop se coa que define o programa a TVG:

"Larpeiros pretende chegar aos afeccionados á cociña e, a través do humor, das curiosidades e dos bocados lixeiros de información, a outros públic os máis amplos.
Larpeiros é un programa en que a comida é tamén un pretexto para pasar na tele un tempo divertido, igual que na vida cotiá.
Para os galegos producir alimentos, vendelos ou mercalos, cociñalos e comelos son actividades cun marcado carácter social. Compartimos esas actividades dándolles un aire festivo. Ese carácter da cociña e da comida -comer e falar do que comemos- é o punto de partida para un programa que ten receitas, pero trata sobre todo da relaci ón das persoas coas cousas de comer. Por iso Larpeiros non propón un programa de cociña senón un programa sobre xente que cociña, como e que se divirte facéndoo.
Por todo isto, a cociña do programa está ocupada por varias persoas que cooperan, opinan e divírtense diante do lume, con micro vídeos que achegan informacións, curiosidades, trucos culinarios ou pingas de humor."

O programa parec e que tivo éxito, pois ata sacaron un libro, que tamén ten un gran éxito xa que leva milleiros de exemplares vendidos e varias edicións!!!









Agora, se queredes, podedes ver un vídeo do programa "Larpeiros", adicado ó choco, e gravado en Redondela. Facede clic na seguinte imaxe.