RECUNCHOS DE REDONDELA

NOTA: Se queres escoitar a música desta presentación que fixen (recomendado), fai clic na icona do volume situada na parte superior esquerda.

8 dic 2009

CHOCOS CON ARROZ















Hoxe vouvos contar o xeito de facer un prato típico de Redondela: os chocos con arroz.
Primeiro temos que xuntar os ingredientes:
- Un quilo de chocos.
- Dúas cebolas ben
picadas.
- Dous dentes de allo ben picados.
- Medio pemento vermello picado.
- Aceite de oliva virxe extra.
- Sal.
- Un vaso de bo viño branco (mellor se é galego).

Preparación: Nunha tarteira poñemos o aceite a quentar e, dalí a un pouco botamos o allo, a cebola e o pemento ben picados para facer un bo rostrido. Engadimos os chocos que previamente limpamos e troceamos tendo coidado de non romper as bolsas coa tinta situada entre os tentáculos e o corpo. Dámoslles unhas voltas ata que queden dourados e engadimos o viño branco e un pouco de sal segundo o gusto de cada un. Tápase a tarteira e déixanse cocer, como mínimo, unha hora aproximadamente. Quedan moi ben acompañados de arroz en branco.


Como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, podedes ver neste vídeo que fixen o proceso de preparación deste exquisito prato redondelán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario